O bar “O Morto” antigamente foi un coñecido hostal onde os turistas podian descansar. Máis adiante (despois de varios donos) converteuse en Cafetería, de feito tanto o antigo hostal como a posterior reforma non se chamaba O Morto, ainda que as xentes coñeciano como tal, se non que se chamaba Hostal Progreso e despois Bar Progreso.
O actual dono do local, oficialmente “bautizouno” como Café Bar O Morto alá polos anos oitenta, máis ou menos. Respecto a ese novo nome hai moitas historias, algunha delas máis creíble que outra. Por exemplo, sempre me contaron que cando a xente viña mercar cadaleitos á vila (a industria de Ribadavia é a de fabricar de cadaleitos) deixábanos enfronte da porta do local, e claro a xente empezoulle a chocar tanto ese feito, que lle comezou a chamar o bar dos mortos. Pero sen duda algunha a miña preferida (e a máis creible), e a de que antigamente cando os veciños e xentes de outros lares se achegaban ata o bar, preguntábanlle que como iba o negocio e o dono sempre respondía “Esto esta Morto” e asi día tras día, ata que ao final fíxose tan popular a frase, que a xente xa o coñecia máis por “Morto” que por Bar Progreso. De calquera forma, hoxe en día ainda que se chame “Bar O Morto” e un dos bares que máis traballa a diario asi que Morto Morto non ha de estar, se acaso andara de parranda.