Situado nunha das arterias principais da vila medieval de Ribadavia como e a rúa Progreso, atopamos ó “Cafe Bar O Morto”, unha cafeteria, que depois de case un século de vida, segue funcionando igual ou mellor que o primeiro dia.
Ten tres partes claramente diferenciadas, unha, a entrada en torno a barra, outra, na parte inferior, e outra máis, na parte superior na que se pode disfrutar de unha zona reservada e de música ambiental. Dispón de unha gran variedade de tapas e pinchos (quentes e fríos), e distintos caldos da comarca e de outras zoas limítrofes, así como refrescos e alcoholes variados. Fai función de bar pola mañá e café polo serán, nas noitas sempre se atopa xente para disfrutar de unha copa e coñecer a noite ribadaviense. Hai distintos sábados do ano no que existen actuacións de música en directo.
- Rúa Progreso, número 32.
- Ribadavia, Ourense